En Xinzo de Limia a a 10 de abril do 2017.
Estimados/as Srs/as.
Estas son as axudas que a día de hoxe están en vigor.
-
Axudas á promoción de emprego autónomo e a contratación indefinida de persoas asalariadas, da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Orde do 7 de febreiro do 2017, DOGA 50 do 13.03.2017. Ten vixencia ate 30.09.2017.
-
-
Axudas para á creación de empresas non agrícolas no rural, do IGAPE. Orde do 16 de febreiro do 2017, DOGA 42 do 01.03.2017, con vixencia ate 02.05.2017.
-
Axudas a apicultura, da Consellería do Medio Rural. Orde do 17.03.2017. DOGA 61, do 28.03.2017. Ate o día 27.04.2017.
-
Axudas para o investimento nas explotacións agrícolas, para a incorporación de persoas mozas en novas explotacións agrícolas e para creación de novas empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións. Orde do 29 de marzo do 2017 da Consellería do Medio Rural. DOGA 64 do 31.03.2017. o prazo para solicitalas vence o 02.05.2017.
-
Axudas a contratación indefinida de persoas desempregadas paradas de longa duración. Orde do 21.03.2017 da Consellería de Economía, emprego e industria.DOGA 68 do 06.04.2017 . Ten vixencia ate o 30.09.2017.
-
CONTROL HORARIO
Unha vez mais atopámonos ante a inseguridade de non saber o que temos que facer debido os cambios de criterios que se toman.
Non fai apenas un ano, sorprendíannos coa obrigación de controlar diariamente a xornada das persoas traballadoras.
Agora sentenza do Tribunal Supremo (TS) ven a establecer que non é obrigatorio o control da xornada de traballo.
Non obstante este control si que sigue sendo obrigatorio para as persoas que traballen a tempo parcial, de acordo co establecido no artigo 35.5 do Estatuto dos Traballadores.
Como se pode ver a seguridade xurídica no Estado Español é total.
Aproveitamos a ocasión para saúdalas/os moi atte.